Presentación da edición 2012 da campaña En galego tamén se fai ciencia

29 de noviembre de 2012

O martes 27 presentouse no edificio da Reitoría da Universidade de Vigo a nova edición da campaña En galego tamén se fai ciencia, promovida pola Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística.

Logo do éxito da primeira, considerouse oportuno continuar emitindo mensaxes de persoas que avalan o uso do galego no ámbito científico e tecnolóxico.

Se no 2010 contamos coa colaboración de destacadas personalidades do mundo da docencia, investigación e xestión universitaria, no 2012 ampliámola a outros sectores que forman parte dese ámbito. Estamos a falar do persoal dos laboratorios, do mundo da tradución e interpretación especializada, da divulgación científica na radio ou en actividades lúdicas como os cafés-teatro científicos, de representantes do estudantado de carreiras técnicas que pronto pasarán a ser profesionais de gran cualificación e de profesoras de orixe non galega especializadas en didáctica das ciencias e pedagoxía.

Xunto á normalidade do uso do galego nos laboratorios advertimos que grazas á lingua a xente percibe que as investigadoras e investigadores son tamén de aquí: que son galegos ou que hai gran número de profesionais preparados para traducir calquera texto especializado do galego a outras linguas e viceversa. Que é necesario o compromiso individual e obrigado o apoio institucional para defender e impulsar o noso idioma…

Convidámosvos a ver as entrevistas íntegras, cerna da campaña. Nela interveñen: Marilar Aleixandre, Patricia Buján, Belén Caride, Klara Kadlecovà, Xosé Luciano Otero, Mateo Pérez, Casto Rivadulla, Michael Skinner, Cathryn Teasley e Manuel Vicente.

O noso agradecemento a todas as persoas que colaboraron neste proxecto.

http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=6678&Itemid=2

http://www.engalegotamensefaiciencia.eu/

en_galego_logo

engalego2 engalego1

Rectoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidad | Mapa web | Aviso Legal