Acto de entrega dos Premios de poesía, relato curto e tradución literaria 2017

23 de mayo de 2017

Sala do Consello de Goberno. Edificio da Reitoría. 12.00 h

 

Asisten: Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo; Valentín García, secretario xeral de política Lingüística da Xunta de Galicia; Iolanda Galanes, profesora da Universidade de Vigo e membro do consello asesor da Fundación Carlos Casares; Paulo Cabral, director da ANL.

 

O Campus de Vigo acolle a entrega dos Premios de poesía, relato curto e tradución literaria da Universidade de Vigo 2017, que incluirá unha homenaxe ao escritor Carlos Casares, a quen este ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas.  O acto contará cun relatorio de Iolanda Galanes arredor de Carlos Casares, unha lectura de fragmentos dos textos premiados a cargo dos autores e autoras e a actuación musical do grupo Blúes do País. Isabel Risco será as encargada de conducir o evento aberto a todas as persoas interesadas.

 

Rectoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidad | Mapa web | Aviso Legal