Presentación do novo libro da colección Òlga

13 de novembro de 2009

Xa está publicado o libro Literatura dramática e teatro en galego do Eo-Navia de Rita Bugallo González editado dentro da colección Òlga que se presentará o sábado 14 ás 13.00 h na Casa do Mar de Ribadeo.

Òlga xurdiu coa ilusión e a vocación de servizo e axuda ao galego estremeiro, para facilitar un mellor e maior coñecemento entre galegos, asturianos, bercianos, zamoranos e cacereños que falamos a mesma lingua nas súas diferentes e ricas variedades, porque estamos orgullosos de todo o que nos une e identifica e queremos dalo a coñecer, partillalo, primeiro entre nós e despois co mundo enteiro.

As persoas interesadas en recibir un exemplar poden poñerse en contacto connosco, ben a través do teléfono ou do correo electrónico.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal