Presentación do Repertorio tabernario

27 de febrero de 2012

O venres 17, co entroido adonándose das rúas, presentouse na Casa das Campás o Repertorio tabernario que editou a Asociación de PAS do Campus de Pontevedra coa colaboración da Área de Normalización Lingüística. O acto estivo presidido pola vicerreitora do Campus de Pontevedra, Antonia Blanco Pesqueira, nun auditorio ateigado de persoas que seguiron con moito interese as palabras do autor, Luís Torres Vázquez e do presidente da Asociación de PAS Federico Fernández Fernández.

Neste libro recóllense máis dun cento de cantigas que se adoitan cantar nas tascas, furanchos e tabernas. Tamén se escoitan nas ceas e festas que se organizan na comunidade universitaria, pero das que se coñecen estrofas soltas ou o retrouso. A finalidade da edición é fixalas e que sirva de soporte para que se canten enteiras animando á participación.

Ao remate, coa oportuna compañía duns viños do país, cantáronse en animada festa boa parte das cantigas que se recollen no libro e continuou a troula polas rúas pontevedresas.

tabernario_mesa

tabernario_portada

Repertorio tabernario

tabernario_presentab2 tabernario_sinatura tabernario_casa_das_Campas

Rectoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidad | Mapa web | Aviso Legal