Informe sobre o uso do galego na investigación encargado pola Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística á profesora Alba Nogueira

6 de marzo de 2014

portdef  informe

No ano 2012 a Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística, que está composta polas tres universidades do sistema universitario galego e as secretarías xerais de Universidades e de Política Lingüística da Xunta de Galicia, encargoulle á profesora Alba Nogueira un estudo sobre o uso do galego e o recoñecemento da actividade investigadora.

O seu obxectivo é determinar se a nosa lingua está en condicións de igualdade coas outras linguas oficiais do Estado ou se existen situacións de desvantaxe que pexen o seu uso na investigación. Despois de presentalo en xuño de 2013, este documento hanos permitir o debate e a adopción de medidas para incentivar o uso do galego na investigación e na transferencia de coñecemento científico.

Pódese descargar a versión definitiva a través do seguinte enlace: Investigación e lingua

Rectoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidad | Mapa web | Aviso Legal