Área de Normalización Lingüística

9 Febreiro 2012

Premios de poesía, relato curto e traducción literaria 2012

Arquivado en: Novas, Boletín ANL, Premios e concursos, Publicacións — verba @ 1:41 pm

A Universidade de Vigo, a través da Área de Normalización Lingüística, e co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca os Premios de poesía, relato curto e tradución literaria para o ano 2012.

Resolución reitoral do 6 de febreiro de 2012 pola que se convocan os premios de poesía, relato curto e traducción literaria da Universidade de Vigo.

7 Febreiro 2012

Bolsas de colaboración coa ANL

Arquivado en: Novas, Boletín ANL, Bolsas — verba @ 11:54 am

Resolución reitoral do 6 de febreiro de 2012  pola que se adxudican definitivamente tres bolsas de colaboración coa Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo

1 Febreiro 2012

Cursos de formación en lingua galega para o 2.º cuadrimestre

Arquivado en: Novas, Boletín ANL, Formación — anl @ 12:16 pm

Resolución reitoral do 31 de xaneiro de 2012 pola que se convocan os cursos de formación en lingua galega para o 2.º cuadrimestre do curso académico 2011/2012 

Cursos de formación en lingua galega:

  • Técnicas de expresión escrita: 20 horas
  • Técnicas de expresión oral: 20 horas
  • Redacción de documentos administrativos: 20 horas
  • Harmonización de textos: 20 horas
  • Cambios normativos: 15 horas
  • Curso de extensión cultural: 75 horas
  • Manexo e redacción eficaz do correo electrónico: 10 horas
  • Cambios normativos (virtual)

Información práctica:

  • Os cursos impartiranse nos campus de Ourense e Pontevedra, agás o de Manexo e redacción eficaz do correo electrónico e Cambios normativos (proba final) que serán no campus de Vigo e o de Extensión cultural nos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra.
  • Os cursos deberán contar cun mínimo de 15 alumnos preinscritos para realizarse. O número máximo de prazas é de 35.
  • Os cursos son gratuítos para a comunidade universitaria. Para o público en xeral o prezo é de 40 € por curso, agás o curso de Extensión cultural (60 €), Cambios normativos (30 €) e Manexo e redacción eficaz do correo electrónico (30 €).

Matrícula: Realizarase entre o 6 e o 24 de febreiro a través da plataforma Bubela. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. http://bubela.uvigo.es   

       

30 Xaneiro 2012

Bolsas de colaboración coa ANL: listaxe provisional

Arquivado en: Novas, Bolsas — anl @ 10:21 am

Listaxe provisional persoas beneficiarias

24 Xaneiro 2012

Obradoiro de Beatbox coa Asociación Trabalingua

Arquivado en: Novas, Boletín ANL, Dinamización — anl @ 9:58 am
Atrévete e apúntate ao obradoiro de beatbox que organiza Trabalingua con Gendebeat, se queres aprender ou mellorar as túas técnicas. Será este xoves, 26 de xaneiro, ás 16:30 na sala 4 do Edificio Miralles.

17 Xaneiro 2012

Cafés-teatro científicos

Arquivado en: Novas, Boletín ANL, Campañas, Dinamización — anl @ 1:25 pm

No pasado mes de novembro, co motivo do 2.º Día da Ciencia en Galego, a asociación de estudantes Trabalingua e a ANL organizamos, en colaboración coas vicerreitorías dos campus de Pontevedra e Ourense,  varios cafés-teatro científicos.

A idea foi reivindicar o dereito a gozar da ciencia en galego. Así, dun xeito lúdico, pero con rigor científico, abrímonos á sociedade, fóra dos ámbitos especializados, con charlas dirixidas por especialistas e enriquecidas co humor de coñecidos actores galegos.

Ademais dos actores César Goldi e Tomás Alonso contamos cos profesores Casto Rivadulla e Pablo Arias, da Universidade da Coruña, Alberto Velando da Universidade de Vigo, Luís Sampedro do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, Eduardo Sánchez e Mª Elena Vázquez da Universidade de Santiago e o divulgador científico X. Dosi Veiga.

Os temas tratados foron moi variados: do cerebro á vida na terra: bacterias, sexo e evolución;  de astronomía ao cerebro e as matemáticas.

Esta iniciativa, que se leva anos desenvolvendo, parte do grupo de Neurociencia e Control Motor da Universidade da Coruña, e foi seleccionada no 2011 entre as dez prácticas inspiradoras de cultura científica pola FECYT.

Velaquí unha pequena mostra das distintas xornadas:

  

 

 

  

5 Decembro 2011

Bolsas de colaboración coa ANL

Arquivado en: Novas, Boletín ANL, Bolsas — verba @ 12:38 pm

Resolución reitoral do 29 de novembro pola que se anuncia a convocatoria de tres bolsas de iniciación á colaboración coa Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.

4 Novembro 2011

II Día da Ciencia en Galego

Arquivado en: Novas — anl @ 12:01 pm

 

Con motivo do Día da Ciencia en Galego, a asociación de estudantes Trabalingua da Universidade de Vigo organiza en colaboración coa Área de Normalización Lingüística varios cafés-teatro científicos.

Hoxe, 4 de novembro, ás 20.30 h no café Detrás do MARCO (Vigo), contaremos coa participación de Casto Rivadulla e Pablo Arias,  do Grupo NEUROcom da Universidade da Coruña, e o actor César Goldi. O tema da charla será "O cerebro".

Nas vindeiras semanas estes cafés-teatro científicos terán lugar nas cidades de Pontevedra e Ourense.

19 Outubro 2011

A 6.ª Escola Permanente Fermín Penzol en imaxes

Arquivado en: Novas, Boletín ANL, Dinamización, Xornadas e congresos — verba @ 10:43 am

Os pasados días 7 e 8 de outubro tivo en lugar en Cacabelos e Ponferrada a VI Escola Permanente Fermín Penzol organizada pola ANL da Universidade de Vigo e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, que ademais contou coa colaboración dos concellos de Ponferrada, Cacabelos e Vilafranca do Bierzo, e máis co Instituto de Estudios Biercianos e a Asociación Berciana da Lingua XARMENTA. Este ano homenaxeouse a Antonio Fernández Morales con motivo do sesquicentenario dos Ensaios poéticos en dialecto berciano (1861).  

A continuación facemos un pequeno resumo en fotos das xornadas.

 

 

 

 

 

 

11 Outubro 2011

Remataron os cursos intensivos de lingua galega para estudantes Erasmus (EILC)

Arquivado en: Novas, Boletín ANL, Dinamización, Formación — anl @ 11:03 pm

A Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística, constituída polas tres universidades do sistema universitario galego, na súa reunión de xaneiro de 2010 decidiu facer unha presentación conxunta ao Programa de Aprendizaxe Permanente (PAP Erasmus) para solicitar cursos EILC (Erasmus Intensive Language Courses) e así realizar unha organización rotatoria as tres universidades galegas.

Están dirixidos a estudantes do programa de intercambio Erasmus que inician o seu período de mobilidade en calquera das universidades de Galicia. No ano 2010 tiveron lugar na Universidade da Coruña.

Entre o pasado 5 e o 30 de setembro desenvolvéronse dous cursos EILC galego na Universidade de Vigo, organizados pola Área de Normalización Lingüística e a Oficina de Relacións Internacionais e financiados polo OAPEE (Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos). Recibíronse 46 solicitudes da maioría dos países da Unión Europea, e foron Alemania, Polonia e Italia os principais remitentes.

Ademais das clases de lingua, os dous grupos de estudantes asistiron a un variado programa de actividades para recibiren  unha visión panorámica da nosa cultura, historia, costumes etc. Contaron co apoio dun grupo de recoñecidos especialistas nas distintas materias e a colaboración de voluntariado da universidade.

As persoas que superaron as probas do curso poden recoller os diplomas na oficina da ANL, ou seralles enviado por correo postal ao enderezo que nos indiquen.

Nova no DUVI

 

Páxina seguinte »

Xestionado con WordPress

FireStats