Cursos

Curso de redacción e deseño de traballos académicos e de investigación 2012 

A Área de Normalización Lingüística da Universidade convoca un curso destinado a PDI e alumnado pertencente á comunidade universitaria, coa finalidade de atender ás necesidades de deseño de traballos de investigación e incidir na mellora da calidade da súa redacción.

Cursos de formación en lingua galega para o 1.º cuadrimestre (2012/2013) 

Cursos de formación en lingua galega:

  • Harmonización, normalización e unificación textual
  • Habilidades comunicativas para o mundo laboral
  • Reciclaxe da lingua galega
  • Achegamento á lingua e cultura galegas
  • Extensión cultural para estudantado de programas de intercambio Ciclo de lingua e calidade

Matrícula en Bubela

Obradoiro de presentacións eficientes 2012 

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo organiza un Obradoiro de presentacións eficientes, dirixido a PDI e alumnado do terceiro ciclo pertencente á comunidade universitaria, durante os meses de abril e maio.

Cursos de formación en lingua galega para o 2.º cuadrimestre do curso 2011/2012 

Cursos de formación en lingua galega:

  • Técnicas de expresión escrita: 20 horas
  • Técnicas de expresión oral: 20 horas
  • Redacción de documentos administrativos: 20 horas
  • Harmonización de textos: 20 horas
  • Cambios normativos: 15 horas
  • Curso de extensión cultural: 75 horas
  • Manexo e redacción eficaz do correo electrónico: 10 horas
  • Cambios normativos (virtual)

Información práctica:

  • Os cursos impartiranse nos campus de Ourense e Pontevedra, agás o de Manexo e redacción eficaz do correo electrónico e Cambios normativos (proba final) que serán no campus de Vigo e o de Extensión cultural nos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra.
  • Os cursos deberán contar cun mínimo de 15 alumnos preinscritos para realizarse. O número máximo de prazas é de 35.
  • Os cursos son gratuítos para a comunidade universitaria. Para o público en xeral o prezo é de 40 € por curso, agás o curso de Extensión cultural (60 €), Cambios normativos (30 €) e Manexo e redacción eficaz do correo electrónico (30 €).

Matrícula: Realizarase entre o 6 e o 24 de febreiro a través da plataforma Bubela. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. http://bubela.uvigo.es

VI Escola Fermín Penzol 2011 

A Escola Fermín Penzol promove un novo encontro entre Galicia, León e Asturias arredor das nosas culturas, do moito que nos é común e do que nos identifica.

Nesta ocasión, homenaxearase a Antonio Fernández Morales, no sesquicentenario da publicación da súa obra Ensaios poéticos en dialecto berciano (1861).

Imaxe Escola Fermín Penzol

 
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal